Friday 03 de May de 2024

Política Social sinala que a vacinación permitiu que as residencias de maiores foran neste ano os lugares máis seguros fronte á Covid-19


O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá as residencias de maiores El Pilar, en Bergondo, e García Hermanos, en Betanzos, onde felicitou o ano novo aos usuarios e traballadores e agradeceu aos profesionais o traballo que están a realizar para facer destas festas un momento especial para as persoas usuarias. Así mesmo, durante o encontro sinalou que a vacinación permitiu que estes centros foran durante o ano 2021 os lugares máis seguros fronte á covid-19.

O director xeral lembrou que o pasado ano por estas datas os usuarios das residencias de maiores convertíanse nas primeiras persoas en ser vacinadas. Así mesmo, apuntou que durante este ano volveron a ser prioridade ao recibir a terceira dose de reforzo, o que permite que estes centros sexan nestes momentos os lugares máis protexidos fronte á pandemia.